Así pensamos

Somos unha empresa nova que nace para dar resposta a problemas actuais, pero con máis de 15 anos de experiencia no sector.

Un dos nosos principios consiste en abordar todas as nosas solucións baixo o concepto inaprazable dunha transición ecolóxica plastic free; pois entendemos a necesidade de innovación que actualmente nos demanda a sociedade para evitar un problema tan grave como o que representan os plásticos de calquera natureza no planeta.

A sinerxia entre o deseño e a concienciación ambiental abre paso, grazas á tecnoloxía, a novas solucións. Avancemos como sociedade preservando algo que é de todos pero que non pertence a ninguén: o noso planeta.

POÑAMOS
FIN Á ERA
DO PLÁSTICO!

Escenario actual

Non podemos seguir optando por un modelo caduco

Na actualidade, as nosas cidades xestionan os seus residuos a través dun sistema de recollida no que o plástico ocupa un papel central.

Plásticos de alta densidade baseados no petróleo.

Consumo de auga potable para a limpeza.

Uso de depuradoras para o tratamento de augas residuais.

Hixienización que require produtos químicos.

Alto consumo enerxético e de combustibles.

Uso de maquinaria especializada.

A agua potable é un ben escaso

Sabías que de toda a auga dispoñible na Terra, só un 3% é doce, e só 1% é potable?

Para a hixienización dun colector de residuos úsanse 1.000 litros de auga potable ó ano. Nunha cidade de 250.000 habitantes gástanse ao ano 10.000 m3 de auga potable.

Os nosos produtos

Partindo da necesidade imperiosa de coidar o medio ambiente, OCEANKUBE propón a substitución dos colectores de plástico por colectores novos de cartón e aluminio reciclables e biodegradables.