Skip to main content

O COLECTOR DE INTERIOR SOSTIBLE

Fixácheste en que todos os colectores de interior empregan bolsas de plástico? Estas bolsas cámbianse cada día, estean ou non cheas. Consecuentemente, estase a xerar unha gran cantidade de residuos plásticos innecesarios.

ADEUS ÁS BOLSAS DE RESIDUOS

No canto das bolsas, o colector Zen emprega un recipiente de cartón reciclado, que se baleira directamente e se substitúe cando empeza a deteriorarse.

0

plástico

100

RECICLADO E RECICLABLE

Así funciona Zen

MÁXIMA SEGURIDADE, MÁXIMA COMODIDADE

En Ocean Kube tomamos a seguridade moi en serio. Por iso, todos os nosos colectores dispoñen de tapa con auto-feche e un cómodo pedal para accionala. Deste xeito, os residuos fican contidos de forma segura para ti e para todos.

SEN BOLSAS DE PLÁSTICO

No proceso de recollida, extraemos a caixa de cartón e baleiramos o seu contido no carro de limpeza. Con iso, non só logramos aforro en tempo, ao non termos que pechar unha bolsa para colocar outra, se non que aforramos custo en bolsas. Mais, alén disto, o factor máis importante é que contribuímos ao medio ambiente grazas á redución de residuos plásticos de difícil reciclado.

NON SE LAVA

Se tras varios días/semanas resulta necesario substituír a caixa, esta é eliminada xunto coa correspondente fracción de papel e rapidamente substituída por unha nova. A vida útil da caixa pode variar de días a semanas, en función do tipo de fracción.

NON AO PLÁSTICO DUN SÓ USO

Cada día, o persoal de limpeza encárgase de recoller os residuos de miles de papeleiras en oficinas, aeroportos ou centros comerciais, entre outros. Substitúese a bolsa de plástico por outra, mesmo se esta non se atopa chea en cada unha das fraccións.
Consecuentemente, xérase unha cantidade de plástico innecesario que, á súa vez, deriva nun problema de reciclaxe. Ademais, dado o seu fino espesor, o plástico posúe un rápido proceso de degradado e desintegración en anacos que acaban nos nosos océanos en forma de elementos contaminantes. En Ocean Kube consideramos estas bolsas como un plástico dun só uso.

OS NOSOS MATERIAIS

A circularidade no proceso construtivo é a máxima que actualmente permite o estado da técnica:

ALUMINIO
RECICLADO

O aluminio é un metal que pode refundirse infinitamente sen perder as súas propiedades e mantendo unha alta resistencia. Non só isto, senón que ademais, o aluminio refundido reduce notablemente o consumo de enerxía xa que o proceso require soamente o 5% da enerxía que se consumiría empregando aluminio extraído directamente da mina.

CARTÓN
RECICLADO

Tras un longo proceso de investigación, chegamos a conseguir un tratamento que repele a auga.
Ademais, controlamos a súa orixe e o sistema de fabricación e impresión empregado permite que sexa facilmente recuperable. Trátase de cartón procedente da túa contorna que, grazas ao sistema de recuperación empregado, permítenos fomentar a economía circular.

BAMBÚ

Para garantirmos o compromiso de 0% plástico, empregamos algunhas pezas en caucho natural, evitando o uso de hidrocarburos e compoñentes tóxicos.
Asemade, aproveitamos a alta resistencia do bambú (ou outras madeiras sostibles) para as pezas de apoio e fibras naturais para a protección e silenciado dos elementos móbiles.

DESEÑO INTELIXENTE

O deseño dos colectores de interior Zen baséase no emprego dos mellores materiais para cada función: unha estrutura de aluminio lixeira e resistente á vez, na que o número de pezas se reduce ao mínimo imprescindible.

Nas súas diferentes formas, buscouse a integración en todo tipo de espazos (públicos ou privados), logrando un produto atractivo, tanto polo seu aspecto como pola súa mensaxe: trátase dunha verdadeira declaración de intencións.

La estructura principal está realizada en aluminio reciclado. Puede lacarse en cualquier color RAL.
El pedal viene de serie y permite abrir suavemente la tapa.
La tapa cierra perfectamente contra el cartón, de esta manera reducimos los ruidos al cerrar.
En las versiones con ruedas, se incluye un asa trasera para facilitar su maniobrabilidad.
Las ruedas de grandes dimensiones pueden ser de madera o de metal según necesidades.
Las versiones sin ruedas llevan una discreta pata trasera totalmente integrada en el diseño.

Características

RESISTENTE

A estrutura de aluminio é de alto espesor, pensada para durar nos ambientes máis esixentes.

Máxima VERSATILIDADE

Apto para a recollida de fraccións húmidas e secas, lixeiras ou pesadas. Desde a materia orgánica pura ata o vidro.

BALEIRADO E SUBSTITUCIÓN DE CAIXA FÁCIL E RÁPIDO

Para o baleirado, a caixa dispón de dúas asas laterais. O sistema de substitución da cuba deseñouse especialmente para que sexa o máis sinxelo e rápido posible.

CON OU SEN RODAS

Os tamaños de 90 e 60 poden levar rodas e asa para permitir a máxima comodidade de transporte do colector.

ACABADO BACTERICIDA E VIRUCIDA

Tanto a estrutura como o cartón poden levar un recubrimento que acaba coa vida de bacterias e virus en 3 horas.

TAPA CON AUTO-FECHE

O deseño da apertura está pensado para que a tapa nunca permaneza aberta, evitando así as posibles migracións de insectos.

FRACCIÓNS SEGUNDO NECESIDADES

UN COLECTOR, INFINITAS VERSIÓNS

A diferenza dos colectores tradicionais, nos que se empregan bocas ou cores para sinalizar as fraccións, Zen emprega sempre unha estrutura común para todas elas. Ademais, aproveitamos o soporte de cartón para sinalizar, facer publicidade, identificar e mesmo concienciar.

Este factor resulta ideal en caso de se precisaren novas fraccións de maneira puntual, ou mesmo unha cantidade maior de determinadas fraccións. Algúns exemplos:

  • EN AMBIENTE SANITARIO, FRACCIÓNS DE ELEMENTOS ESPECÍFICOS.

  • – CAMPAÑAS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS CONCRETOS.

  • – EVENTOS QUE NECESITEN CONVERTER O CONTEDOR DE VIDRO EN ENVASES

Capacidades

Unha familia completa

Dispoñemos de 3 modelos de diferentes capacidades de carga. Con todo, para casos concretos, pódese personalizar o tamaño e o volume do produto.

90 litros

Pensado para un volume maior e, en particular, para lugares con alta afluencia de persoas.

60 litros

Para fraccións de menor volume pero cun deseño adaptado a formar illas nos puntos de achega.

30 litros

Este modelo está pensado para necesidades máis concretas, como é o caso de despachos ou servizos.

Zen Kubic

UNHA VERSIÓN PENSADA NA TRAZABILIDAD DE RESIDUOS

O Zen Kubic está deseñado para conter unha caixa de cartón cunha tapa integrada, que ademais pode ser empilable. Isto permite a trazabilidade dos residuos dun modo seguro e optimizado.

O deseño con pedal é intencionado e está pensado para disuadir o posible contacto coa man, empregando no seu lugar o pedal, o cal o fai ideal para evitar contaxios.

Un exemplo ilustrativo do seu uso sería a destrución de documentación sensible, o almacenamento temporal ou tratamento específico de certas fraccións. Unha caixa é moito máis fácil e segura de manipular e almacenar que unha bolsa de plástico, co valor engadido de estarmos a contribuír á economía circular.

Zen

Ancho / Prof. / Alto
ZEN 90
390 / 574 / 890
ZEN 60
322 / 574 / 890
ZEN 30
210 / 350 / 610

Zen Kubic

Ancho / Prof. / Alto
ZEN KUBIC 90
390 / 503 / 898
ZEN KUBIC 60
200 / 503 / 898
ZEN KUBIC 30
200 / 400 / 648

¿Desea más información?

CONTACTAR