Un colector tradicional de 120 l usa uns 15 kg de plástico que se converten en residuos ao final da súa vida útil. Os nosos colectores usan materiais duradeiros e reciclables, como o aluminio, ou compostables, como o cartón, reducindo así a pegada ecolóxica.
0
100
O sistema Zerø
Como funciona
Cuba substituible
Un valor irrenunciable para nós en OceanKube é a consideración da agua como base da vida para calquera ser vivo e pensamos que hai que evitar o seu consumo superfluo e innecesario. Decidimos por iso abordar as nosas solucións de contedorización para que o uso de agua sexa cero. Os nosos recipientes non precisan ser sometidos a custosos e laboriosos procesos de lavado.
Compatible con carga traseira
O noso sistema é manipulable polos actuais recolectores de carga traseira. A súa extremada sinxeleza de pezas e compoñentes fai que sexa unha solución desexada polas empresas especializadas en servizos públicos de recollida de residuos.
O COLECTOR QUE NON SE LAVA
Zerø supón un cambio total de perspectiva: retirar toneladas de plástico tóxico das nosas rúas en cuxa limpeza malgastamos millóns de litros de auga potable.
Os nosos colectores non necesitan lavarse: cando se ensucia a caixa de cartón, retírase e é enviada a compostar, e colócase unha nova totalmente limpa.
Nosos materiais
A circularidade no seu proceso construtivo é a máxima que actualmente permite o estado da técnica:
CARTÓN
RECICLADO
Tras moita investigación, chegouse a conseguir un tratamento que repele a auga, o que permite usar este material onde antes era impensable.
Controlamos a súa orixe, e o seu medio de fabricación e impresión permite que poida ser facilmente recuperable, fomentando así a economía circular. Trátase de cartón que provén do teu entorno.
ALUMINIO
RECICLADO
O aluminio é un metal que se pode refundir infinitamente sen perder propiedades, mantendo unha alta resistencia. Reciclar aluminio de refugallo require só o 5% da enerxía que se consumiría para producir aluminio da mina.
CAUCHO
NATURAL
Para garantir o noso compromiso de 0% plástico usamos caucho natural, evitando así o uso de hidrocarburos e compoñentes tóxicos.
Tamén aproveitamos a alta resistencia do bambú nas pezas de apoio e fibras naturais para protexer e silenciar elementos móbiles.
Menos é máis
Compoñentes, os xustos
A filosofía de sostibilidade non só inflúe á hora de seleccionar os materiais que empregamos. No deseño do colector Zero prestouse especial atención aos diferentes compoñentes para maximizar a súa duración, reducir os materiais empregados e facilitar a substitución de sistemas ao longo da súa vida útil, evitando sistemas complexos como cilindros hidráulicos ou bisagras.
Características
Funcionalidade
Resistente
A estrutura de aluminio é de alto espesor e duradeira.
Máxima versatilidade
Apto para a recollida de fraccións húmidas e secas, lixeiras ou pesadas: dende a orgánica pura ata o vidro.
Substitución de cuba fácil e rápida
O sistema de substitución da cuba deseñouse especialmente para que sexa o máis sinxela e rápida posible: mediante unha chave mestra retiramos o anel superior e procedemos á substitución sen necesidade de ferramentas adicionais.
Seguridade
Menores efectos ante o lume
Debido á baixa enerxía do cartón prodúcense menos emisións e unha menor temperatura en caso de incendio. A estrutura é recuperable ao estar realizada totalmente en aluminio.
Peche de baixo nivel sonoro
Sen usar os habituais cilindros de gas, contamos cun sistema mecánico para reducir o impacto da tapa ao pechar.
Accesibilidade
Apertura asistida
Tanto o pedal como a tapa posúen un sistema que axuda a reducir o esforzo necesario para abrir o colector.
Pedal de baixo percorrido
O pedal desprázase só 12°, polo que permite optimizar o movemento en cada apertura.
Placas braille e pictogramas
Opcionalmente pódense incluír placas coa sinalización das fraccións en braille, así como os diferentes pictogramas.
Personalización total
Estructura e cuba á carta
A estrutura é perfectamente personalizable nas cores normativas de todas as fraccións. Ademais, baixo pedido, tamén pode personalizarse en calquera cor da carta RAL.
A opción máis flexible é usar unha estrutura común e empregar o cartel frontal para asignar a fracción. Desta maneira pódese aumentar o número de colectores por fracción segundo a necesidade.
-
Acabado bacteriostático
-
Acabado anti-grafiti
-
Acabado reflexible
Un novo soporte visual
A nosa cuba: un lenzo en branco
O novo sistema de contedorización Zerø permite un uso novo dos colectores: a personalización da cuba de cartón.
Esta funcionalidade aproveita a facilidade da técnica da impresión sobre soporte celuloso e combínaa coa facilidade de substitución, polo que é ideal para múltiples usos.
A calidade de impresión é fotográfica, permitindo a reprodución de imaxes ou gráficos de maneira moi detallada. O soporte pode ser estucado en branco ou cun acabado en cru.
-
Tintas no tóxicas de uso alimentario
-
Polivalencia de fraccións
-
Interactúa co usuario
-
Explotación publicitaria
-
Perfecto para eventos